Aviso Legal e Condicións de Uso
Información identificativa, rexistro oficial e termos de uso do sitio web da ANPA Quintán.
1. Identificación da entidade titular
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE), infórmase dos datos identificativos da entidade responsable deste sitio web:
- Denominación social: ANPA Quintán (Asociación de Nais e Pais de Alumnos do CEIP Pedro Barrié de la Maza)
- NIF: G15059538
- Enderezo social: Rúa Miguel Pereiro Tacón s/n, 15168 Mondego, Sada (A Coruña)
- Correo electrónico de contacto: info@anpaquintan.org
- Rexistro: Inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia.
2. Obxecto e ámbito de aplicación
Este sitio web ten por obxecto achegar información sobre as actividades, servizos comunitarios (comedor escolar, Plan Madruga, actividades extraescolares e campamentos) e facilitar a xestión asociativa para as familias socias do CEIP Pedro Barrié de la Maza.
3. Condicións de uso da plataforma
O acceso e uso da plataforma web e da área de familias atribúe a condición de persoa usuaria e implica a aceptación plena e sen reservas de todas as disposicións incluídas neste Aviso Legal.