A asociación

Quen somos

Somos as familias do CEIP Pedro Barrié de la Maza, organizadas de forma voluntaria para construír unha escola mellor.

A nosa misión

Unha comunidade educativa que rema na mesma dirección

A ANPA Quintán é unha entidade sen ánimo de lucro integrada polas familias do alumnado do CEIP Pedro Barrié de la Maza, en Mondego (Sada). O noso propósito é garantir servizos de máxima calidade que faciliten a conciliación e enriquezan a experiencia escolar das nosas fillas e fillos.

Funcionamos de xeito aberto, colaborativo e transparente: calquera familia socia pode achegar ideas, participar nas comisións de traballo ou formar parte da directiva.

Xunta Directiva da ANPA Quintán

  • Presidencia: Miguel Picado Filgueira
  • Vicepresidencia 1ª: Susana Porto Ponte
  • Vicepresidencia 2ª: María Luciana Galarza Blanco
  • Secretaría: Rosa Loretta Cerchar Cabana
  • Tesourería: Marta Gutiérrez Zambrano
  • Vogal: Natalia Blanco González

Representación das familias no Consello Escolar e colaboración estreita coa dirección do centro e a comunidade docente.